Thursday 25 de April de 2024

Entregados os diplomas ao alumnado pobrense participante na quinta edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia


O alumnado pobrense participante na quinta edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia acudiu na tarde do 21 de xuño a Santiago de Compostela con motivo do acto académico de entrega de diplomas en Fonseca, que contou coa actuación posterior da tuna.

Agora, os/as 44 veciños e veciñas xa contan cos documentos que acreditan a súa formación nas materias impartidas nesta convocatoria, relacionadas co ámbito da fisioloxía, socioeconomía e cromática.

O programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia busca difundir entre a veciñanza maior de 50 anos coñecementos científicos, humanísticos e artísticos mediante unha atractiva oferta formativa seguindo a metodoloxía teórico-práctica e abranguendo diversas temáticas nas súas sucesivas edicións. No caso concreto da Pobra, desenvólvese en colaboración coa Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).